martes, 1 de mayo de 2007

9

Por exemplo, na autoestrada. Nós pensamos: que se preocupe o de atrás. Eles: que se preocupe o de diante. Claro, isto crea un sen fin de situacións adivertidas nos carrís de aceleración (que só en Portugal merecen ese nome) e nos carrís en xeral (adiantamentos pola dereita).
O primeiro que fixo Macquiavelo ao ser investido concelleiro de Urbanismo de Porto foi soltar polas rúas un galego cun carro. Tódolos sitios en que o galego virou á dreita ou á esquerda son hoxe direccións prohibidas.
Erguémonos ás 12:00 e, tras despedirnos, imos á Estação e a Turismo. Merco o libro do Zeca logo de 3 livrarias: Lello, Porto Editora e outra máis. En Lello, Gramática do Português, de Cintra, a ver se aprendo a pór os 3 tipos de acento gráfico. En Porto Editora, Poesia I, de Pessoa. En Turismo, collemos o mapa de Lisboa e endereços i telefones. Xantamos na Adega “O ê aquí” Iscas de Bacalhau com Feijoada e tiramos para Aveiro. Começa a arroiar e decidimos deixar Aveiro para a volta. Imos a Coimbra. Tiro esta foto ao pe da estatua de D. Dinis, fundador da Universidade. Fazemos, da Faculdade de Letras á Sé Velha, o caminho que debia fazer o Zeca os dias que non saia a noite antes cantar fado, que deviam ser poucos.

No hay comentarios: