martes, 1 de mayo de 2007

2

Mea culpa. Recoñezo contrito o meu erro de percepción: os portugueses non guían mal, simplesmente son ÁCRATAS, arrenegan da norma. Despois de adiantarme sistematicamente pola dereita, non cederme o paso, etc., vai un TAXISTA e, cunha soa ollada de contrición miña, que me metera mal, recúa, fai recuar os de atrás e ármase un recuamento solidario cun galego. Os lusos tanto recúan por ti como te adiantan por anarquía.
Macquiavelo é concelleiro de tráfico en Porto, se xulgamos polo cristo de direccións prohibidas que me desesperan.
O da pensión é un mantedor efeminado encantador. Penso no pícaro dos seus 60 anos entregados a unha casa de citas no bo sentido. Entrañable.
En Guimarães miramos as casas de bonecas do curral das comedias, a faca suissa de 70 € e “Aqui nasceu Portugal” con Castelao nunha placa.
Nunha tasca do Cais, os estudantes danlle 2 bicos á señora que atende, coma se fose súa avoa, a velhinha benfeitora que os emborracha e que fala con nós para nos dizer que “há um cão na porta que não é bem”.
Porto en costa.
Adoro.É unha das cidades máis lindas que conheço.

No hay comentarios: