martes, 1 de mayo de 2007

21

A ver, onde quedamos...Ah, si! No travesti da pensão. Pois nada, saímos do ascensor, entramos no cuarto e caímos na cama coma pedras. Hoxe marchamos algo tarde (coma sempre) da pensión, e collimos o coche para nos perder polas rúas, dar mil voltas e escoitar bucinazos até atopar a casa (unha delas) de Pessoa... Pechada. Así que determinamos ir, cando menos, á cafetaria onde el escribía. E aquí estamos. Tomando café e escribindo. Seguro que Pessoa non podería escribir cun balbordo coma o de hoxe...

No hay comentarios: