martes, 1 de mayo de 2007

16

A ver, tocoume a min contar o encontro-nazo coa autoridade II: logo de moitas voltas, metémonos na Casa do Fado, cun grupo de turistas. Eu digo “Ola” así con mirada interrogante, en plan “Hai que pagar?”, pero o segurata mírame sorrinte e contesta: “Ola”. Tudo bem. Então, entramos e miramos as portadas d’Os ridículos, os carteis asinados por dadistas, os vídeos das décadas 20-30-40... os deseños de Stuart Carvalhais, “homen de peor fama de Portugal”... E cando escoitamos que están a fechar, saímos correndo. O segurata pregúntanos de onde saímos, e nós dicimos... Entramos! Pregunta “Co grupo?”, e nós, “Non, sós!”, e di “Tería que chamar a policia para vos identificar”. Eu, con ese uso do condicional “tería” quedo tranquila. Necesitabamos “autorizaçao” para entrar. “A próxima vez, chamo a policia”, e nós poñemos cara de boíños e marchamos... E entón foi cando a “Alfama do Fado” nos acolleu nos seus brazos.Arlinde Carvalho, estamos a contar un dos guitarristas que se chama. Vén á Galiza para a semana!

No hay comentarios: