martes, 1 de mayo de 2007

1 Santiago-Vigo-Guimarães-Porto

Porto, 13 (ou 14, xa) de abril do 2006, sobre a media noite (pola hora portuguesa)…
CONSEGUÍMOLO!!!Despois de comprobar que o zuncho perdía auga, cambialo pola Berlingo de Mamá Modista en Matamá, dar voltas por Guimarães, mercar unha saia nun “Inflação negativa” porque morría da calor, dar mil voltas, entrar e saír de Porto, atopar taxistas solidarios que recúan para deixarnos saír cando nos metemos polo carril que non é, chegar á Pousada da Juventude e que (loxicamente) non haxa prazas e teñamos que buscar pola Rede e chamar a mil pensións, saiamos e que bonita está a lúa chea sobre o Douro, e metérmonos nun labirinto infernal de direccións prohibidas durante dúas horas... Chegamos, duchámonos e inauguramos o caderniño!

2 comentarios:

RIODERRADEIRO dijo...

As sempre parten tan cedo..., pero deixan pegada sempre ideleble na alma.

RIODERRADEIRO dijo...

As avoas parten tan cedo..., pero deixan pegada sempre indeleble na alma do neno que en nós queda.