martes, 1 de mayo de 2007

11

Saímos de Conímbriga e son 3 horas até chegar a Lisboa e unha máis para dar co Bairro Alto e outra para descubrir que non hai pensões livres. A auga da condensación fai unhas cortinas para nós no coche e espertamos ás 9:30 co son dos tranvías a carón da Praça de Luiz de Camões. Antes, un par de birras no pub que topamos con máis música de guitarras. Logo, durmir.
Perdidos. Fartos. Pero hoje descubrimos que coa anguria fixemos un curso acelerado de orientación no centro de Lisboa e xa nos situamos na cidade do Tejo. Compramos na livraria de segunda man e topamos PENSÃO! En Saldanha, fotografamos á CowLumbus e duchámonos, bebemos Calem Velhotes (Porto) e comemos e sesta.
Logo a patear:
Saldanha, Marqués de Pombal, Diário de Notícias, Instituto Camões, o túnel onde o prenderon por se meter nunha “rixa”, o teatro Maria II, Praça da Liberdade, Discoteca Amália, o elevador –mirador–, Rua da Cruz e Rua do Castelo, onde topamos o Chapitô!, sitio hippie mestura de casa okupa, restaurante, e Espazo Aberto con teatro e espectáculos e cunhas vistas privilexiadas sobre o Tejo.CHEIRA Á FLOR DA LARANJEIRA!

No hay comentarios: