martes, 1 de mayo de 2007

8 Porto-Coímbra

Coimbra, día da República (española).
1.Abordamos a rapaza da oficina de turismo... Xusto cando está a pechala.
2.Percorremos a Universidade e queremos baixar a casa do Zeca... Xusto cando pechan a porta.
3.Demos a volta e seguimos a buscar a casa do Zeca... Xusto cando arroia.
4.Tentamos chamar ao Raúl. Eu non teño rede e o Eue ten o móbil sen batería. Decídese a pedirlle ao camareiro que nos deixe enchufar o cargador... E xusto marcha a luz.
5.O camareiro está a asubiar o “Grândola”, Eue quere gravalo co mp3, e xusto cando o prende... El cala.
6.Xusto cando garda o mp3... Volve asubiar!
Os portugueses fano todo do revés. Deberiamos terlles xa o truco collido!

No hay comentarios: