martes, 1 de mayo de 2007

14

Eu (Lúa Neghra) parara a mirar carteis que anunciaban unha obra de teatro... E escoito voces (femininas!) que chaman por min e risos. Alucino. Dúas coñecidas coas que rara vez me atopo en Compostela e vamos coincidir na rúa máis pequena de Lisboa. Lucía e María agardan polo tranvía (descubrimos que as paradas son carteliños de metal pendurados dos fíos). Nós seguimos até o Liceo, até o Panteón, seguimos buscando as “Escadinhas” que saen n’A Caixa, de Manoel de Oliveira, e, despois de moitas voltas, atopamos a Casa do Fado. Entramos no mesmo intre ca un grupo de turistas.Entón...

No hay comentarios: