martes, 1 de mayo de 2007

19

No Chapitô:
www.brutus.cz na camiseta da camareira.

Botando contas (sobre Alfama do Fado), esa noite, sábado da Semana Santa, conseguirían meter 50 persoas, e como muito, 100. Multiplicado dá 500 € ou 1000 en total. Dividido, 100 ou 200 para cada un, sen contar a “captadora da porta”, así que, lembrándome de que por Lou Reed paguei 30 € e foi unha merda de concerto, por Maria Portugal, fadista, paguei 9 €, descontando os 2 portos (e un terceiro convidado para acalarnos). Así que, fóra de estar mal, está moi ben.
Só queda que entramos un pouco enganados, pero é que eu tamén os enganei, como demostran estes registos en mp3, que provocaron que non lle quixese comprar o CD en que saía, soñadora, con 20 anos.

Logo vamos ao encontro do Pándigo e do batera de TH e mais outros/as colegas, en Luiz de Camões, Bairro Alto.
Praça do Comércio, todo para arriba pola peonil.
E a cova do Inferno, garito punk-hard-core caralludo, o Paradiso, con pintadas coma o Porrón compostelán antes da reforma. Dois curasán (ou coração) convidados polo Pándigo e “andando” á pensão, onde Lou Reed aparece outra vez, en forma de travesti con que nos cruzamos no ascensor da pensão, “Shaved her legs and he’s a she”. Jackie’ walking on the wild side.

Subindo da Praça do Comércio á Liberdade, ofrecéronme outra vez, como hai 10 anos, un pedrolo de haxix do copón.
Viaxe remisniscente.Sempre Lisboa.

No hay comentarios: